21/09/2026 INFORMACIÓN SOBRE A INMEDIATA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/HA EMPREGADO/A ADMINISTRATIVO/A DURANTE 9 MESES

INFORMACIÓN SOBRE A INMEDIATA CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DUN/HA EMPREGADO/A ADMINISTRATIVO/A DURANTE 9 MESES

O Concello de Laxe ten concedida unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación dun/dunha empregado/a administrativo/a respecto do Programa I destinado á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o ano 2026. A selección farase previa preselección pola oficina de emprego de Carballo, onde o Concello presentará a oferta correspondente para a solicitude de persoas candidatas.

Para presentarte a este proceso selectivo tes que:

- Ter feitos 18 anos e non superar os 29 anos, idade máxima que establece a normativa vixente do Sistema de Garantía Xuvenil.
- Estar desempregado/a e inscrito/a como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia co código nacional de ocupación CNO 4500 (empregado administrativo con tarefas de atención ao público) ou CNO 4309 (empregados administrativos sen tarefas de atención ao público) e no grupo de cotización 4.
- Estar inscrito/a como persoa beneficiaria no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ademais, para ser beneficiarias desta medida, as persoas mozas deberán constar como inscritas e beneficiarias no ficheiro do SNGX, así como cumprir os requisitos de non ter traballado nin recibido accións educativas ou formativas o día natural anterior ao momento de recibir a actuación, en coherencia co disposto no artigo 105.1 da Lei 18/2014, do 15 de outubro, modificada polo Real decreto lexislativo 6/2016 e polo Real decreto lexislativo 8/2019.

Consulta a información completa no documento adxunto.

Concello de Laxe Departamento de Emprego e Promoción Económica

Portal cidadán de Laxe © by Abertal