15/10/2026 Subvencións a concellos de Galicia para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas municipais, cofinanciada pola Unión Europea

O Concello de Laxe ten concedida unha subvención por importe de 95.289,28 euros da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para o proxecto denominado Mellora da eficiencia enerxética da casa consistorial de Laxe, ao amparo da Orde do 27 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de obras de eficiencia enerxética en edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais, destinadas a concellos de Galicia, cofinanciadas nun 60% pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

O obxectivo principal destas axudas é fomentar a eficiencia enerxética nos edificios e infraestruturas vinculados á prestación de servizos municipais.

O resultado que se pretende acadar é a reducción das emisións de gases de efecto invernadoiro e o consumo de enerxía primaria non renovable.

Este proxecto está cofinanciado nun 60% polo Feder, nun 20% por fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e noutro 20% polo Concello de Laxe.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal