15/10/2026 Contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, cofinanciada pola Unión Europea

O Concello de Laxe contratou, por un período de 9 meses, a unha empregada administrativa a través dunha subvención concedida pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración respecto do Programa I destinado á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da colaboración con entidades locais, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para o ano 2025.

O obxectivo principal destas axudas é mellorar a cualificación das persoas mozas para que adquiran as competencias profesionais e técnicas necesarias para acceder ao mercado laboral

O resultado que se pretende acadar é a mellora da súa empregabilidade e a integración sostible no mercado de traballo

Concello de Laxe

Portal cidadán de Laxe © by Abertal