26/05/2014 NOVOS EQUIPAMENTOS CULTURAIS

O Departamento de Cultura e Benestar do Concello de Laxe, ten a ben informarlles de que grazas á subvención concedida pola Excma. Deputación de A Coruña, dentro da convocatoria de Programas de Apoio á Cultura e ao Deporte dirixidos a concellos para actividades e investimentos durante o ano 2013, as actividades municipais contarán a partir deste ano con novos equipamentos.

Coa axuda concedida nesta convocatoria, o Concello de Laxe puido adquirir e substituír as alfombras de moqueta que se empregaban e se empregarán con diferentes usos e en diferentes actividades: entre outras, para o palco de actuacións, decoración e ambientación de espazos durante actividades e actuacións culturais, así como tamén para que os máis pequenos e pequenas poidan disfrutar das actuacións culturais sentados en primeira liña no chan especialmente nas actividades de verán.

Coa mesma axuda, tamén se adquiriron novas tarimas regulables en altura que serán empregadas tanto como palco nas actividades e actuacións que así o requiran, así como tamén para facer de soportes ou mesas en diferentes actividades, tal e como é o caso da mostra de artesanía que realizamos no outono coincidente co magosto para a mellor exposición dos diferentes produtos artesanais que participan.

Grazas a estas novas adquisicións, dende o Concello de Laxe, poderemos:

  • Mellorar as potencialidades e cualidades dos nosos escenarios para actividades culturais en exteriores ou para usar noutros equipamentos como o pavillón polideportivo ou nas instalacións do colexio, entre outros.
  • Optimizar a calidade das nosas actuacións escénicas e ambientacións do espazo grazas á adquisición das alfombras de moqueta tanto para os grupos contratados, grupos e asociacións locais, así coma para a vista e agrado do público asistente ás diferentes actividades organizadas polo Concello de Laxe ou Asociacións Municipais.
  • Diversificar e ampliar os horizantes de cara a realización e contratación de certos espectáculos que necesiten requerimentos escénicos máis complexos.
  • Ser máis autónomos á hora de ofrecer servicios escénicos nas diferentes actividades que se leven a cabo.
  • Aforrar custos na contratación de diferentes espectáculos culturais ó longo de todo o ano ao poder ofrecer cada vez mellores características escénicas e de equipamento tanto para os grupos contratados como para a organización de diferentes actividades culturais municipais como é un claro exemplo a celebración da mostra de artesanía da que falabamos anteriormente.
A entidade a través da cal se realizaron estas adquisicións, foi a empresa SONPRESS, debido tanto ós prezos competitivos ofertados así como polas boas experiencias e calidade dos produtos obtidos a través dela en anos anteriores.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal