O CONCURSO “QUERO CANTAR” DE MÚSICA INFANTIL E XUVENIL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, ten a intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical.
O grupo de Laxe que se presentou ó concurso, OS RAP-OSIÑOS, está composto por 12 rapaces pertencentes á Escola Municipal de Música de Laxe que dirixe Victor Manuel García Pose, profesor de dita escola dende o ano 2003.
O tema presentado ó certame, titúlase "PANCHITA BLUES". É unha peza musical, visual e vocal creada e composta por e para dito concurso, baseada na historia real da existencia da personaxe inspiradora, "Panchita", unha de tantas raposas que visitaba o noso Concello fai anos.
O domingo 24 de novembro, a Concelleira de Cultura e Turismo, Raquel Lema, acompañou ó grupo á GALA FINAL QUE TIVO LUGAR NO TEATRO COLÓN DA CORUÑA, onde os RAP-OSIÑOS DE LAXE,xunto cos outros 5 finalistas, interpretaron en directo os diferentes temas onde un 2º xurado, elexiu 3 gañadores.
A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE LAXE recibiu o 2º PREMIO DA CATEGORÍA INFANTIL, optando ós seguintes premios, ademáis da " Gravación en estudio da canción e edición no CD denominado Quero Cantar 19":
Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil,xogos..) por valor de 1.000,00 €.
Orgullosos da entrega e traballo ben feito do grupo.
Parabéns ÓS RAP-OSIÑOS DE LAXE!