FORMACIÓN PARA OBTER A ACREDITACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E 3.
FORMACIÓN PARA OBTER A ACREDITACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE NIVEL 2 E 3.
Prazo de presentación: do día 14 de Abril, ás 14:00H do 5 de Maio 2021.
Sede máis cercana El Ábaco (Baio Zas)
Competencias clave nivel 2: Comunicación en lingua castelá e matemáticas 302 horas.
Quen pode presentar unha solicitude
Persoas desempregadas, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, inscritas na Oficina de Emprego que lle corresponda, e que ademais cumpran os seguintes requisitos:
- Ter cumpridos os 16 anos de idade.Estar empadroado/a en algún dos concellos do territorio do proxecto (poboación inferior a 50.000 habitantes).
- Saber ler e escribir.
- Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
- Persoas desempregadas de longa duración (PLD).Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEJ).
- Persoas maiores de 55 anos.
- Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
- Persoas inmigrantes.
- Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
- Outros colectivos desfavorecidos como participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
- Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipai.
Como e onde facer o procesoPreferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite".
Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
Enlace:https://sede.laxe.es/opencms/gl/procedimientosytramites/tramites/AccionFormativa_PEL_SustentablePara máis información Servizo de orientación laboral Concellos de Laxe e Zas