27/10/2021 A COMPAÑÍA GHAZAFELHOS VOLTA A LAXE!

A diversión para toda a familia está asegurada este sábado día 30 a partir das 19.00 h no salón de actos culturais.

A obra que interpretarán nesta ocasión será : “MONSTROS NO CAMIÑO”, peza teatral cómica na que 3 investigadores de Europa do leste farán un simposium para amosar os resultados da súa aventura e viaxe que realizaron polo camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres ou fenómenos locais.

Con axuda dunha máquina da súa invención, serán capaces de convocar os distintos “monstros” dos que falan para amosar a súa falsidade ou non… Percorrerán unha chea de personaxes míticos dos distintos lugares por onde transcorre o camiño dende, Drácula, Lobisome… até as Meigas, a Santa Compaña, o Sacauntos…

Todo elo baixo un toque de humor absurdo ó que a compañía de Ghazafelhos xa nos ten acostumado en Laxe, facendo del un espectáculo familiar durante o o cal nos farán sentir cómplices da súa historia.

FICHA ARTÍSTICA

Elenco Montse Piñón, Jorge Casas, Pepablo Patinho

Guión e dirección Pepablo Patinho

Escenografía Ghazafelhos

Técnico de Son Alberto Beade

Iluminación Ana Díaz

Portal cidadán de Laxe © by Abertal