Mañá sábado día 13 gozaremos con “Bon Apetit de Rubicundo no salón de actos culturais ás 19:00 horas, Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos. Todos eles ingredientes para unha comedia total en clave de clown. Antuá de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega.