11/08/2022 Laxe prepárase para celebrar o 60º aniversario do Naufraxio, declarado Festa de Interese Turístico de Galicia

A vila de Laxe ultima os preparativos para acoller as súas festas patronais, que se terán lugar do 14 ao 17 de agosto, co foco posto no seu emblemático Simulacro do Naufraxio, que na última xornada celebrará o seu 60º aniversario cunha homenaxe ao seu creador: Avelino Lema Santos.

O Concello colabora coa Confraría de Pescadores nunha programación especial que contará con pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Cee a partir das 11:00 horas. Posteriormente, na igrexa de Santa María de Atalaia, terá lugar unha homenaxe a Avelino Lema Santos (11:30 horas) con Antonio Barros interpretando a Salve Mariñeira en memoria de todos os náufragos.

Misa solemne ás 12:00 horas. Procesión por terra ata o peirao acompañada pola danza de arcos. Recreación do Naufraxio con posterior procesión marítima e traca de bombas.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal