O Concello de Laxe busca mellorar os servizos prestados no parque móbil da brigada municipal de obras coa adquisición dun vehículo por 40.000 euros.
Este automóbil debe ser tipo furgoneta para facilitar o traslado das persoas que forman parte da brigada, ademais dos pequenos materiais que usan os operarios.
O vehículo, de cero emisións e co distintivo ambiental da DXT, deberá medir, como mínimo, 5 metros de largo e 1,9 metros de alto. Por outra banda, ademais de equipamentos básicos como aire acondicionado, parabrisas térmico ou asistente de arranque en pendente, o Concello solicita diversos extras: gancho de remolque, 1 extintor de pó ABC e 1 botiquín de primeiros auxilios.
As empresas poden presentar as súas ofertas ata o próximo luns, 3 de outubro. O prazo de entrega máximo do vehículo será dun mes a partir da data de formalización.