A corporación municipal de Laxe aprobou, por unanimidade, todos os puntos da orde do día que se levaron ao pleno ordinario celebrado este xoves, ás 21 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello.
Un dos puntos máis importantes foi a renuncia do alcalde, José Luis Pérez Añón, á percepción da retribución pola súa dedicación parcial tras xubilarse o pasado mes de agosto. Esta remuneración pasa agora a mans do primeiro tenente de alcalde, Francisco Charlín Oróns, que exercerá como alcalde en funcións durante a baixa de Añón.
Outro dos puntos tratados foi a aprobación do POS+ ADICIONAL 2/2022. Neste caso acordouse destinar un total de 236.417,10 euros a gasto corrente.
Na sesión celebrada onte tamén se deu luz verde á adhesión do Concello á “Declaración en Defensa do Ceo Nocturno e o Dereito á Luz das Estrelas” e ao Plan Antifraude da Deputación Provincial de A Coruña.
No apartado de mocións, aprobouse a presentada polo Partido Popular contra o veto da Unión Europea á pesca de fondo.