10/10/2022 Programa de compostaxe doméstica



O Concello de Laxe volve sumarse a un novo proxecto de reciclaxe a través dun programa de compostaxe doméstica.

Trátase dunha iniciativa na que se concederán, de xeito gratuíto, 50 colectores de 400 litros de capacidade cada un entre a veciñanza que así os solicite.


QUE É A COMPOSTAXE DOMÉSTICA?

Consiste na reciclaxe de material orgánico para convertelo en abono natural de cara á sua utilización en xardíns, hortas ou campos de cultivo.

Esta forma de compostaxe ten unha dobre finalidade: obter un fertilizante máis económico e xerar menos residuos sólidos urbanos nos colectores.


QUEN PODE PARTICIPAR NO PROGRAMA?

As familias que desexen participar nesta iniciativa deben residir nunha vivenda illada que conte cunha parcela dun mínimo de 50 metros cadrados.


COMO SOLICITO O MEU COMPOSTEIRO?

Este paso é moi sinxelo! Consegue o teu composteiro chamando ao 618 004 110 ou escaneando o codigo QR que se atopa impreso nos carteis do proxecto. Tamén podes darte de alta a través do formulario que se atopa ao final desta publicación.

Cando se aprobe a túa solicitude recibirás un kit que inclúe un composteiro, un aireador e un manual de instrucións.


Anímate e participa! 

Portal cidadán de Laxe © by Abertal