19/12/2022 II Certame de escaparates de Nadal


Chega a Laxe o II Certame de Escaparates de Nadal do comercio Local!

O concurso, enmarcado na programación de Nadal posta en marcha polo Concello de Laxe, terá lugar entre o luns 19 de decembro e o 9 de xaneiro.

Os locais gañadores serán aqueles que acaden unha maior puntuación a través dunha votación popular que se realizará en Facebook e no servizo de whatsapp de NovasLaxe entre o 28 de decembro e o 4 de xaneiro.

Moita sorte!

Portal cidadán de Laxe © by Abertal