22/12/2022 Este Nadal, merca no comercio local de Laxe


Desde o Concello de Laxe lanzamos unha campaña de Nadal para impulsar a compra no comercio local durante estas datas.

As persoas maiores de idade que fagan unha compra mínima de 5 euros nun dos establecementos adheridos á campaña recibirán unha serie de papeletas coas que poderán entrar no sorteo dun vale de compra de 50 euros.

O período de participación abarca desde o 23 de decembro ás 10:00 horas ata o 7 de xaneiro ás 23:59 horas e o sorteo desenvolverase o 9 e xaneiro ás 13:00 horas.

Os locais adheridos contarán cun distintivo decorativo para ser identificados con facilidade. Consulta na seguinte imaxe cales son.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal