29/12/2022 O Concello licita o servizo de limpeza de edificios e dependencias municipais por 250.000 euros


O Concello de Laxe saca a licitación o contrato de servizos de limpeza de edificios e dependencias municipais por un total de 250.424,31 euros.

O prazo estimado para a prestación do servizo é de tres anos cunha posible prórroga dun ano adicional. As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o xoves 5 de xaneiro de 2023.

Entre os espazos que se contemplan para a súa limpeza dentro do contrato figuran: o Casa do Concello, o polideportivo municipal, o edificio de servizos múltiples de Laxe, os centros sociais de Traba, Soesto e Aplazadoiro, as escolas de infantil e primaria de Traba e A Torre, as dependencias da biblioteca municipal, o salón de actos culturais, o local social de Valle Inclán, o Museo do Mar, o punto de atención infantil de Laxe e os vestiarios do campo de fútbol municipal.

Por outra banda, a Administración local tamén licita o subministro e colocación de dúas portas basculantes para o garaxe municipal cun orzamento que alcanza os 18.271 euros. O prazo para a presentación de ofertas tamén remata o vindeiro 5 de xaneiro de 2023.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal