09/03/2023 Aberto o prazo de solicitude de axudas do Concello de Laxe para a contratación de orquestras (Subvencionadas polo programa PEL-Orquestras da Deputación da Coruña 2022)


O Concello de Laxe lanza unha liña de axudas municipais dirixidas a comisións de festas e asociacións municipais sen ánimo de lucro para a contratación de orquestras no marco da celebración das festas patronais e populares do 2022.

Esta iniciativa conta co apoio económico da Deputación da Coruña a través do programa PEL Orquestras. Para Laxe, a dotación ascende a 5.000 euros, e o prazo para presentar as solicitudes remata o próximo venres, 17 de marzo. 

As bases para solicitar estas axudas poden consultarse a continuación. ⤵

Portal cidadán de Laxe © by Abertal