09/05/2022 O Concello recibe 15.000 euros da Deputación da Coruña para o mantemento de persoal técnico en xestión cultural


O Concello de Laxe acaba de recibir unha subvención de 15.000 euros da Deputación de A Coruña co obxecto do mantemento do persoal técnico en xestión cultural no 2022. Esta axuda está enmarcada no programa de subvencións a concellos e entidades locais para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de Cultura durante dito ano ano.

O persoal técnico contratado desenvolverá nas entidades locais, con carácter xeral, os seguintes traballos:

* Dinamización e mediación sociocultural do territorio, intervención socioeducativa cos diferentes grupos de idade
* Deseño e desenvolvemento de políticas de apoio á creación cultural e artística local.
* Deseño e desenvolvemento de políticas de xeración de oferta cultural no ámbito local.
* Desenvolvemento de enfoques relacionais e cooperativos cos campos do patrimonio, turismo, educación, igualdade, servizos sociais e medio ambiente no municipio e comarca.

A continuación poden consultarse as bases do programa de subvencións así como a resolución definitiva da mesma.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal