O Concello de Laxe quere amosar o seu apoio aos percebeiros e percebeiras das confrarías de Laxe e de toda a Costa da Morte que acudiron na mañá de hoxe, venres 17, ata a xefatura comarcal da Consellería do Mar en Ribeira para participar nunha concentración cuxo obxectivo foi reclamar melloras para o sector.
Esta manifestación prodúcese tralos últimos anuncios por parte da Consellería do Mar de ampliar entre 20 e 25 quilómetros adicionais a zona de costa para a extracción de mexilla (semente do mexillón e tamén base onde medran os percebes).
Desde o Concello agardamos que se chegue a un acordo óptimo entre todas as partes afectadas para que os percebeiros e percebeiras poidan seguir traballando e que non se vexa afectado nin o seu sustento nin tampouco a biodiversidade mariña que caracteriza a nosa zona.