16/09/2023 O Concello presenta a programación das escolas deportivas para este curso

O Concello presenta a programación das escolas deportivas para este curso

O Concello de Laxe volve organizar unha completa programación das súas escolas deportivas para este curso 2023-2024 con actividades variadas e para todos os públicos.   As clases arrincarán o 2 de outubro e as inscricións deberán formalizarse na Casa do Concello do 20 ao 28 de setembro, de 10:00 a 13:00 horas.   A continuación presentamos o calendario das escolas para nenos e nenas:   R

ITMO E MOVEMENTO
(Para nados no 2019 e 2020) Luns e mércores de 16:35 a 17:25 horas.  

PREDEPORTE (Para nados no 2018, 2017, 2016 e 2015) Luns e mércores de 17:30 a 18:20 horas.  

BALONCESTO (Para nados no 2017 e anteriores) Luns e mércores de 18:20 a 19:10 horas.  

BÁDMINTON (Para adultos e nenos a partir dos 7 anos) Luns e mércores de 19:10 a 20:10 horas.  

FÚTBOL SALA (Para nados no 2017, 2016 - prebenxamín) Martes e xoves de 16:35 a 17:25 horas.  

PATINAXE I (Para nados 2019, 2018 e 2017) Martes e venres de 16:35 a 17:25 horas.  

PATINAXE II (Para nados 2017, 2016, 2015, 2014 e 2013) Martes e venres de 17:30 a 18:20 horas.  

PATINAXE III (Para nados no 2012 ou anteriores) Martes e venres de 18:20 a 19:10 horas.  

TAEKWONDO I* (Para nados no 2018, 2017, 2016, 2015) Venres de 18:15 a 19:15 horas.  

TAEKWONDO II* (Para nados no 2014 e anteriores) Venres de 19:15 a 20:15 horas. *Será obrigatorio o pago da licenza federativa e terán prioridade os inscritos no curso 2021-2022.     Tamén se poñerán en marcha actividades dirixidas ao público adulto, é dicir, aquelas persoas de 13 ou máis anos.    

PILATES I, II e III Pilates I: martes e xoves de 10:30 a 11:15 horas. Pilates II: martes e xoves de 18:30 a 19:15 horas. Pilates III: martes e xoves de 20:15 a 21:00 horas.  

ADESTRAMENTO HIIT Luns e mércores de 20:15 a 21:30 horas.  

XIMNASIA TERAPEÚTICA Martes e venres de 19:10 a 20:10 horas.  

ZUMBA Luns e mércores de 20:15 a 21:15 horas.  

XIMNASIO (Para nados antes do 2008 inclusive) Luns e mércores de 10:00 a 12:30 horas  e de 16:30 a 21:30 horas. Martes e xoves de 10:00 a 12:30 horas e de 16:00 a 22:00 horas. Venres de 16:30 a 20:30 horas.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal