O Concello de Laxe acollerá a III Charla e saída micolóxica este domingo, 15 de outubro, de 10:00 a 13:30 horas.
O evento estará a cargo do poñente José Manuel Castro Marcote, socio da entidade Pan
de Raposo, que se encargará de guiar a xornada.
Ademais da recollida e aprendizaxe dos distintos tipos de fungos, este tipo de
actividades buscan promover o valor da diversidade micolóxica.
As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas poderán formalizar a súa
inscrición a través do número 981 70 69 03 ou mediante o correo electrónico
cultura@concellodelaxe.com .
<< | < | Decembro de 2023 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |