O Concello de Laxe colabora na posta en marcha de cursos de informática e iniciación ao coiro coa cesión do local social Valle Inclán para o seu desenvolvemento.
As sesións de informática terán lugar os mércores, de 17:00 a 20:00 horas, e están dirixidas a crianzas a partir de 8 anos. Serán impartidas por Lucía Castiñeira Recarey, enxeñeira técnica en informática de xestión. Ofreceranse clases individualizadas en grupos reducidos para que a rapazada poida aprender de xeito dinámico e cunha atención especializada.
As persoas interesadas poden inscribirse e solicitar máis información a través do número de teléfono 699 040 104.
Por outra banda, a asociación Corium Gallaecia organiza, en colaboración coa administración local, un novo curso de iniciación á artesanía do coiro para que as persoas participantes aprendan a traballar este material, creando produtos funcionais, duradeiros e únicos.
O curso desenvolverase entre o 7 de novembro e o 28 de maio de 2024 e as sesións terán lugar todos os martes de 19:00 a 22:00 horas.
Todas aquelas persoas que estean interesadas nesta actividade poden solicitar máis información e inscribirse chamando ao 696 604 367.
Desde o Concello animan á veciñanza a participar nestas actividades, xa que supoñen unha oportunidade para aprender cuestións básicas de informática desde novos e para crear accesorios únicos que poderán ser empregados no día a día.
<< | < | Decembro de 2023 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |