03/11/2023 Aprazada a XII edición do Magosto e Mostra de Artesanía polas malas previsións meteorolóxicas

Por mor das malas previsións meteorolóxicas para esta fin de semana, con alerta vermella por temporal, queda APRAZADA a celebración da XII edición do Magosto e Mostra de Artesanía.

É unha medida de responsabilidade, tomada co obxectivo de garantir a seguridade da cidadanía.

A alerta por fenómenos costeiros estará combinada con fortes ventos, o que imposibilita a celebración do evento en condicións seguras para todos e todas.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal