O Concello de Laxe retoma este domingo as súas tardes de baile social.
A sesión desta semana será o día 19, a partir das 18:00 horas, no local social de Traba. A entrada é libre e completamente gratuíta.
As persoas participantes poderán gozar de música e baile en directo, acompañados coa actuación especial de Judith Cundíns.
Desde o goberno local animan á cidadanía a achegarse ata o lugar para gozar dunha tarde do máis animada en compañía dos seus veciños e veciñas.