05/12/2023 Rematadas as obras de mellora do parque infantil da praza dos Voluntarios

O Concello de Laxe remata as obras de mellora do parque infantil da praza dos Voluntarios

O Concello de Laxe vén de rematar as obras de mellora do parque infantil situado na praza do Voluntariado.

A actuación, enmarcada no Proxecto de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais, contou cun orzamento total de 50.820 euros, financiados coa colaboración da Xunta de Galicia.

Desta forma mellórase un espazo público moi utilizado polos nenos e nenas do concello, que despois do remate desta obra, queda totalmente renovado. Estas
instalacións teñen un desgaste importante durante todo o ano ao ser moi utilizadas e atoparse á intemperie, sufrindo os estragos froito das inclemencias do tempo.

Segundo indica o rexedor local, Jose Luis Pérez Añón, “tratábase dunha actuación moi demandada pola veciñanza do municipio, posto que o parque da praza dos Voluntarios atópase nun lugar céntrico da nosa vila, xuntando a moitos pequenos e pequenas ao seu arredor”.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal