27/12/2023 Laxe abre as votacións do III Certame de Escaparates de Nadal 2023

O Concello de Laxe abre o período de votacións no III Certame de Escaparates de Nadal, cuxo obxectivo é valorar, recoñecer e premiar a mellor decoración dos escaparates dos comercios e locais de hostalaría do municipio.

As persoas que así o desexen poden votar polo seu escaparate favorito a través de dúas vías:

A través do servizo de mensaxería de WhatsApp ‘Novas Laxe’ (657 771 006), enviando unha mensaxe co nome do establecemento ou local elixido. Cada persoa poderá emitir por esta vía un único voto a un único establecemento. No caso de emitirse varias votacións, só será tida en conta a primeira.

A través da páxina de Facebook do Concello de Laxe, outorgando un “me gusta” ou “me encanta” á imaxe do escaparate/local mellor decorado. Neste caso, teranse en conta todos os votos emitidos nas diferentes publicacións que se fagan do certame.

O xurado está formado, así, por todas aquelas persoas que emitan os seus votos a través destas dúas canles. O establecemento gañador será aquel que reciba máis votos.

Unha vez realizado o reconto de votos, comunicaráselle persoalmente ó establecemento ou local gañador.

Consulta as bases no documento anexado.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal