14/03/2024 Laxe desvela a Programación Cultural do Museo do Mar para esta Semana Santa

Laxe desvela a Programación Cultural do Museo do Mar para esta Semana Santa


  • Inclúe xornadas de portas abertas, música, unha charla sobre o patrimonio histórico e cultural da vila e un obradoiro de fotografía
 
  • A concelleira de Cultura e Turismo, Raquel Lema, indicou que “esta programación cultural serve como complemento ás celebracións máis solemnes que se levan a cabo durante eses días e que atraen a xente de distintos lugares ata o noso municipio”
  Laxe, 14 de marzo de 2024 – O Concello de Laxe vén de anunciar a súa Programación Cultural do Museo do Mar para esta Semana Santa, que inclúe xornadas de portas abertas, música, unha charla sobre o patrimonio histórico e cultural da vila e un obradoiro de fotografía.  

Dará comezo este sábado, día 23, coas xornadas de portas abertas no Museo, con entrada de balde. Poderase facer no horario especial para estas datas, posto que desde o venres 22 ata o domingo 31 estará aberto de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.  Todas aquelas persoas que non poidan asistir ese día terán unha nova oportunidade o vindeiro sábado, día 30.  

O domingo, día 24, será a quenda para a música co concerto do Dúo Paloma Suances e a actuación de Tania Capón, a partir das 18 horas.  

O luns, día 25, celebrarase a partir das 18 horas unha ponencia do historiador Luís Giadás, sobre o patrimonio histórico e cultural do Concello de Laxe. Unha oportunidade perfecta para coñecer aspectos descoñecidos da vila.  

O martes 26 e o mércores 27 o autor especialista en fotografía analóxica de grande formato, Óscar Górriz, impartirá o ‘Obradoiro de fotografía analóxica’, para todas aquelas persoas interesadas.  

Ademais, o Museo do Mar de Laxe proxectará desde o venres 22 ata o domingo 31 un vídeo sobre a Semana Santa realizado con fotografías do “Arquivo Fotográfico Vidal”. Será na planta baixa do inmoble durante o horario de apertura.   
ta o Museo do Mar de Laxe durante esta Semana Santa, para coñecer un pouco máis o noso municipio e participar nas diferentes alternativas culturais que se van celebrar”.  

Lema subliñou que “esta programación cultural serve como complemento ás celebracións máis solemnes que se levan a cabo durante eses días e que atraen a xente de distintos lugares ata o noso municipio”.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal