23/03/2017 Programa de emprego autónomo

A Consellería de Economia, Emprego e Industria publica a Orde do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 50 do 13 de marzo).    

Obxecto:

Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomos ou por conta propia.

Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.

Tipos de axuda:

A. Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.


1.- Co obxecto de facilitarlles ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

2.- A contía desta subvención será de 2.000 euros para desempregados en xeral.

Esta contía base incrementarase nun 25% nos seguintes casos:

f. Se a persoa incorporada é unha muller.
g. Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en risco de exclusión social.
h. Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar na que todos os seus membros están desempregados.
i. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.

Deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos será de 4.000 euros.


Prazo de solicitudes:

O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo finalizará o 30 de setembro de 2017.  

As actuacións subvencionables ao abeiro do programa para a promoción do emprego autónomo regulado nesta orde, realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da súa publicación, poderán acollerse ás axudas desta.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal