23/06/2021 Bases para a provisión de 5 postos de peóns para a limpeza de praias marítimas deste Concello de Laxe

[Actualizado a 15 de xullo - última modificación]

Data: 23/06/2021

Publícase Anuncio das bases da convocatoria para a selección de 5 postos de peóns para a limpeza de praias marítimas deste Concello de Laxe, Programa de Limpeza de Praias da Deputación da Coruña 2021.

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS | TRIBUNAL CUALIFICADOR

Data: 02/07/2021

Aprobación da lista provisional de admitidos/excluídos convocatoria para a provisión de 5 postos de peóns para limpeza de praias marítimas, campaña 2021 (subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña) e designación do tribunal cualificador.

DATA E HORA DA PROBA DA FASE DE OPOSICIÓN

Na resolución da alcaldía publicada o 02/07/2021 establecíase nos puntos 3º e 4º: 

TERCEIRO. Convocar aos aspirantes admitidos/as para a realización da proba da fase de oposición para o mércores, 7 de xullo de 2021, ás 08:30 h da mañá, no Pavillón Polideportivo Municipal, para o que serán convocados tódalas persoas aspirantes para a realización da proba práctica.

CUARTO. Convocar aos aspirantes admitidos/as que non acreditaron estar en posesión do título de Celga 1 ou equivalente para a realización da proba de coñecemento do galego para o mércores, 7 de xullo de 2021, ás 10.00 h, no Pavillón Polideportivo Municipal en Laxe.

ACTA DO TRIBUNAL - FASE DE OPOSICIÓN - RESULTADOS

Data: 08/07/2021

Publícase a acta do tribunal cualificador deste proceso selectivo referente aos resultados e ao desenvolvemento da fase de oposición.

DECRETO DE NOMEAMENTO

Data: 15/07/2021

Publícase o decreto de nomeamento dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o posto de peon de limpeza de praias marítimas.

DESCARGAS

Portal cidadán de Laxe © by Abertal