11/08/2022 Clausurados os campamentos de verán en Laxe con máis de 150 participantes

Laxe clausurou esta semana a terceira e última quenda dos campamentos deportivos de verán organizados polo Concello.

Desde o mes de xuño no municipio leváronse a cabo un total de seis campamentos cunha asistencia de máis de 150 nenos e nenas. O último deste período estival, enmarcado no programa ‘PequeCampamento’ de D’Troula, iniciará a súa última quenda o 19 de agosto. Desde a organización sinalan que as inscricións poden formalizarse ata o día 16 chamando ao 697 25 54 22 ou enviando un correo a mabi-peque@hotmail.com.

Desde o goberno local móstranse moi satisteitos coa gran acollida que están a ter estas actividades, onde queda patente o “ambiente san, divertido, inclusivo e de compañeirismo que se forxou durante as últimas semanas entre a rapazada”.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal