05/09/2022 Laxe celebrou este sábado o seu II Festival de Música Tradicional

Este sábado, a partir das 19:30 horas, o Salón de Actos Culturais da biblioteca de Laxe acolleu a segunda edición do Festival de Música Tradicional Laxense cuxo obxectivo foi visibilizar e poñer en valor o traballo de varias asociacións culturais do municipio.

Nesta segunda volta participaron tres entidades locais: a escola de música municipal, a Asociación Cultural Maruxía e a Asociación Amas de Casa de Laxe.

Música e canto foron os protagonistas desta xornada que, nun primeiro momento, se ía celebrar na praza dos Voluntarios pero que finalmente mudou de localización debido ao mal tempo.

Desde o Concello din estar “orgullosos e orgullosas de todo o traballo realizado polas entidades para promover a cultura e tradición galegas” agardando que “haxa máis oportunidades coma esta para poder seguir creando unha comunidade artística de futuro no rural”.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal