O Concello de Laxe pon en marcha un novo curso de iniciación á artesanía do coiro para que as persoas participantes aprendan a traballar este material creando produtos funcionais, duradeiros e únicos.
A actividade, organizada por Corium Gallaecia en colaboración coa Administración local, terá unha duración de nove meses a partir do 4 de outubro. As sesións desenvolveranse todos os martes de 19:00 a 22:00 horas no local social Valle Inclán.
O custo do obradoiro é de 37 euros ao mes, material á parte. Máis información e inscricións chamando ao 696 604 367.
Desde o Concello animan á veciñanza a que participe neste taller xa que “é unha oportunidade única para aprender a traballar o coiro e para saber crear accesorios duradeiros que podemos usar no noso día a día”.
<< | < | Outubro de 2023 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |