22/10/2022 O Concello licita a mellora do acceso á capela de Santa Rosa e ao Muíño do Vento por 36.000 euros con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña


O Concello de Laxe ten en marcha dous procesos de licitación referidos á mellora do acceso á capela de Santa Rosa e ao acondicionamento do firme en dúas rúas urbanas por un total de 67.375,62 euros con cargo ao Plan Único de Concellos POS+Adicional 1/2019 da Deputación da Coruña.

O prazo de execución das actuacións é de oito semanas e as empresas poden presentar as súas ofertas ata o próximo mércores, 26 de outubro.

O primeiro dos proxectos é a mellora dos accesos á capela de Santa Rosa e ao Muíño do Vento, cuxo orzamento ascende a 36.874,91 euros. Procederase á creación dunha zona de aparcamento e prolongarase o camiño actual de formigón.

O segundo proxecto que ten o Concello de Laxe en licitación, tamén con cargo ao POS+ Adicional 1/2019 da Deputación, é o relativo á conservación das rúas urbanas Panaderas e Sol, no centro da vila laxense. O presuposto ascende a 30.500, 71 euros.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal