27/12/2022 Arrinca o II certame de escaparates de Nadal no comercio local de Laxe


O Concello de Laxe, dentro da programación organizada para estas datas festivas, organiza a segunda edición do certame de escaparates de Nadal no comercio local do municipio co fin de visibilizar os establecementos durante estes días e promover que a veciñanza e as persoas que visiten Laxe merquen os seus agasallos na vila.

Se ben o concurso se iniciou o pasado 19 de decembro coas inscricións dos locais participantes e a toma de fotos dos escaparates por parte de xente do Concello, este mércores 28 é o día oficial no que arrinca o certame.

Desde mañá, e ata o 4 de xaneiro ás 12:00 horas, as persoas que o desexen poderán votar tanto no Facebook municipal como a través do servizo de mensaxería NovasLaxe pola foto do establecemento cuxo escaparate lle guste máis. No caso da rede social, a votación será a través das reaccións de “gústame” ou “encántame”, mentres que en NovasLaxe deberase enviar unha mensaxe espeficando o nome do local participante. Deste xeito, é posible que é unha mesma persoa poida votar dúas veces.

Participan: D'Troula, Estanco Casa López, Perruquería Azabache, Alquimia Parafarmacia e Farmacia Enma González.

O establecemento gañador será aquel que acade unha maior puntuación tras a suma das votacións de ambas as canles. A resolución do concurso, a entrega de diploma e o agasallo conmemorativo realizarase o luns, 9 de xaneiro de 2023. 

Portal cidadán de Laxe © by Abertal