07/03/2023 O Concello poñerá en marcha un proxecto de difusión e mantemento da colección permanente do Museo do Mar


O Concello de Laxe desenvolverá un proxecto de difusión e mantemento da colección permanente do Museo do Mar ao abeiro da liña de axudas da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia destinadas aos museos e coleccións que integran a Rede Galega de Museos.


Grazas a esta axuda económica, o Concello contempa as seguintes actuacións:

- Adquisición de equipamento para a conservación preventiva dos fondos.
- Desenvolvemento e produción de contidos complementarios audiovisuais e multimedia relacionados coa museografía do museo.
- Traballos de edición e tradución de publicacións divulgativas sobre as coleccións do Museo do Mar de Laxe en diferentes soportes.
- Organización de exposicións temporais acordes co ámbito temático do museo.
- Inventario, catalogación e/ou documentación gráfica ou audiovisual das pezas que conforman a colección permanente do museo.

Con estas actividades, o Concello de Laxe buscará seguir avanzando na protección das coleccións que atesoura o museo así como desenvolver novos proxectos de difusión das mesmas.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal