22/03/2023 Laxe prepárase para a Semana Santa con varias propostas de conciliación


A Semana Santa de Laxe é un dos eventos máis importantes celebrados no municipio a todos os niveis: relixioso, cultural, patrimonial e social. No ámbito deportivo e lúdico, diversas entidades organizan unha serie de campamentos, en colaboración co Concello, dirixidos á rapazada e que se desenvolverán en horario de mañá, de 10:00 a 13:00 horas.

Dentro deste programa de conciliación haberá tres iniciativas, entre as que se atopa o Campus de Tecnificación de fúbol organizado pola SD Laxe.

Do 3 ao 5 de abril, Borja Facal e José Antonio Moreira dirixirán este conxunto de actividades enfocadas aos adestramentos específicos para porteiros e xogadores. Os grupos serán reducidos e no plan inclúese equipamento do campus e un almorzo saudable.

Esta iniciativa vai destinada á rapazada de entre 6 e 14 anos e terá lugar no campo municipal Rogelio Martínez. O custo do campus queda establecido en 30 euros para os xogadores da SD Laxe e 40 euros para o resto. Estas cantidades deberán ingresarse na conta bancaria ES06 2080 0050 3630 4000 5284 co seguinte concepto: CAMPUS DE TECNIFICACIÓN – NOME E APELIDOS DO PARTICIPANTE.

As inscricións poden formalizarse a través deste formulario, no teléfono 981 706 903 ou vía mail (julio.torreira@laxe.es / sdlaxefutbol@gmail.com).

Por outra banda, SUP Mera Laxe organiza do 3 ao 7 de abril unha programación para nenos e nenas de entre 6 e 16 anos. Ofrécense clases de paddle surf, kayak, slickline, sendeirismo ou actividades lúdicas. Todas elas terán lugar na praia de Laxe.

A cota é de 55 euros para o alumnado empadroado e 65 euros para o que non o está. As inscricións poderán formalizarse ata o 30 de marzo na oficina de deportes do Concello ou a través das redes sociais de SUP Mera Laxe.

Outro dos campamentos que se desenvolverán na localidade é o posto en marcha por D’Troula. Entre o 3 e o 6 de abril, as persoas nadas antes do 2019 poderán participar en actividades multideportivas, un taller de Pascua, manualidades, xogos ou rutas, entre outros.

A cota é de 35 euros e haberá dispoñibles un total de 20 prazas. Inscricións previas antes do 29 de marzo.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal