O Concello de Laxe recupera os talleres de memoria coa volta da actividade ‘Ximnasio da mente’, que se realizará en Serantes, Laxe, Soesto e Aprazadoiro a partir do 13 de novembro para persoas maiores de 60 anos de idade.
O obxectivo deste programa é o de manter a actividade dos participantes a nivel cognitivo, social, sensorial, motriz e funcional, mellorando o seu estado de ánimo e a súa autoestima, o que incrementa a súa calidade de vida.
Serve tamén para estimular as funcións mentais superiores e retrasar o deterioro cognitivo, á vez que facilita un espazo de encontro e fomenta as relacións sociais entre as persoas maiores, algo que revitaliza a súa rutina diaria.
As clases, coa duración determinada de hora e media, terán lugar o luns, de 10 a 11:30 horas, en Serantes; os martes, de 10:30 a 12 horas en Laxe; os mércores, de10 a 11:30 horas en Soesto e os xoves, de 10 a 11:30 horas en Aprazadoiro.
A actividade conta con prazas limitadas e as inscricións poden formalizarse no departamento de Servizos Sociais (1º andar da Casa do Concello) ou a través do número de teléfono 981 706 903.
Novo servizo de intervención familiar
Desde esta mesma semana o Concello de Laxe conta cun novo servizo de carácter social coa integración dunha técnica de intervención familiar.
A súa función será a de manter contacto continuo co centro educativo para conectar a todos os estamentos neste eido a nivel municipal, co obxectivo de coñecer en todo momento a situación a nivel familiar.
Tamén estará en contacto directo coas familias para monitorizar as situacións que sexan necesarias e realizar as intervencións que se precisen.
<< | < | Decembro de 2023 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |