O Concello de Laxe acaba de executar un proxecto de deseño e instalación de 4 paneis informativos co fin de dar contido a varios miradoiros mediante a colocación destes indicadores explicativos do que se ve dende ditas posicións.
Deste xeito, desde o Faro apréciase unha panorámica dificilmente localizable para as persoas que non son do lugar, coma as diferentes vilas que desde o punto se aprecian. Outra característica que non se ve é a forma do litoral coas súas diferentes furnas, así como a sinalización de que dita zona é un lugar excelente coma punto de observación Starlight.
Por outro lado, coa instalación destes paneis informativos o goberno local busca poñer en valor a súa riqueza medioambiental e paisaxística, elevando o seu interese por visitalos. Esta actuación está subvencionada polo Concello de Laxe e pola Consellería do Mar, mediante o GALP “Costa da Morte”, tendo un orzamento total que ascende a 14.998,95 €.
O alcalde de Laxe, Francisco Charlín, manifesta que con esta actuación “continuamos mellorando o servizo de información dos nosos recursos turísticos para todos aqueles que nos visitan, á vez que concienciamos da necesidade de preservar a nosa contorna como un valor engadido para a xeracións futuras”.
<< | < | Xuño de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |