02/06/2021 PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2020-2021. MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS NO CONCELLO DE LAXE

O Concello de Laxe rematou as actuacións de Mellora de camiños municipais no municipio, para o que ten concedida unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento rural, ao abeiro do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Trátase de actuacións en 3 camiños municipais que dan acceso a parcelas agrícolas, realizando:

  • Tarefas de mantemento e mellora no Camiño de Rens a Viqueira (na parroquia de Nande)
  • Tarefas de mantemento e mellora no Camiño As Penelas (parroquia de Sarces) a Carrabete (parroquia de Serantes)
  • Tarefas de mantemento e mellora no Camiño en Coens (parroquia de Sarces)

Portal cidadán de Laxe © by Abertal