A Escola Municipal de Teatro de Laxe inaugurou o seu programa anual de intercambios teatrais participando na I Mostra de Teatro Escolar de Melide coa obra “Brincos de Fantasía” o pasado 14 de marzo.
Nesta ocasión a nosa Escola representou en Melide a obra “Brincos de Fantasía”, destinada ó público en xeral, pero o calendario de actuacións previsto dentro do noso programa de intercambios teatrais 2015 é moito máis amplo tal e como lles informamos a continuación:
14 de marzo:
I Mostra de Teatro Escolar de Melide
24 de marzo:
Función escolar dentro da Semana Cultural que organiza o C.P.I. Cabo da Área no Salón de Actos de Laxe
11 de abril:
VIII Mostra de Teatro Escolar de Palas de Rei
25 de abril:
III Mostra de Teatro Escolar que organiza o IES Antón Losada Diéguez da Estrada, no Teatro Principal da Estrada
9 de maio:
VIII Mostra de Teatro Escolar de Touro
30 de maio
VIII Mostra de Teatro Escolar de Laxe, TEATRAPA.