18/01/2022 A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA OFERTA AS SEGUINTES ACCIÓNS FORMATIVAS

O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DOS CONCELLOS DE LAXE E ZAS

Informa:

Prazo aberto para INSCRIBIRSE na seguinte formacion, ata completar as prazas, das accións de:

Dinamización Comunitaria (3 edicións, certificado de nivel 3), ademais das saídas profesionais que proporciona a obtención deste certificado de profesionalidade (animación comunitaria e sociocultural, técnico comunitario, axente de desenvolvemento local) podemos destacar a posibilidade de mellora e aumento do nivel de cualificación das persoas formadas en Atención Sociosanitaria en Institucións, como oportunidade para especializarse na organización de actividades coas persoas de residencias e/ou centros de día.

Sedes: Arteixo (Centro Agarimo), Laxe (centro Colaxe) ou Santa Comba (centro formación municipal) e Ortigueira (centro de formación municipal)

Guía por itinerarios de baixa e media montaña (1 edicións, certificado de nivel 2), estase a desenvolver xa unha edición en Mazaricos, trátase dunha boa oportunidade para o desenvolvemento profesional dunha actividade altamente demandada no ámbito das actividades deportivo-recreativas na natureza e turismo activo, deportivo ou de aventura, pero tamén nas áreas de programación, organización, desenvolvemento, seguimento e avaliación de itinerarios para todo tipo de usuarios.

Sede: Teo (Centro de Formación Fuego y Mar) ou Mazaricos

As personas que desexen inscribirse terán que acudir ao seu concello de empadroamento para tramitar debidamente a solicitude xunto ao baremo.

Recordamos os requisitos básicos, ademais do nivel académico para o acceso:

• Ter cumpridos os 16 anos de idade.
• Estar empadroado/a en algún dos concellos do proxecto.
• Cumprir cos requisitos de acceso á formación adscritos a cada unha das acciones formativas.
• Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
Persoas desempregadas de larga duración (PLD).
Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil
(POEJ)
Persoas maiores de 55 anos.
Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
Persoas inmigrantes.
Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos Sociais Municipais.

FORMACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL DOS CONCELLOS DE LAXE E ZAS

Informa:

Prazo aberto para INSCRIBIRSE na seguinte formacion, ata completar as prazas, das accións de:

Competencias Clave nivel 2 (Lingua e Matemátias)

Sede: Baio (Academia El Ábaco)

Competencias Clave nivel 3 (Lingua e Matemátias)

Sede: Oleiros

As personas que desexen inscribirse terán que acudir ao seu concello de empadroamento para tramitar debidamente a solicitude xunto ao baremo.

Recordamos os requisitos básicos, ademais do nivel académico para o acceso:

• Ter cumpridos os 16 anos de idade.
• Estar empadroado/a en algún dos concellos do proxecto.
• Cumprir cos requisitos de acceso á formación adscritos a cada unha das acciones formativas.
• Pertencer a algún dos seguintes colectivos:
Persoas desempregadas de larga duración (PLD).
Xuventude menor de 30 anos non participante en accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil
(POEJ)
Persoas maiores de 55 anos.
Persoas con certificado de discapacidade sen impedimento físico ou psíquico que lle impida o normal desenvolvemento das accións formativas e da profesión á que vai asociada esa formación.
Persoas inmigrantes.
Persoas pertencentes a minorías étnicas e comunidades marxinadas.
Outros colectivos desfavorecidos como: participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero; vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar.
Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos Servizos

Portal cidadán de Laxe © by Abertal