O vindeiro martes, 13 de xullo ás 10.30 horas na Biblioteca Municipal Antón Zapata, terá lugar o 2º dos obradoiros para nenos e nenas, que dende a Área de Cultura do Concello de Laxe, organizamos a través do Programa Ler conta moito para este verán 2019 e que subvenciona a Xunta de Galicia.
Sendo esta actividade un contacontacontos con compoñente de obradoiro creativo, titulado "Pelo de Nube"; a actividade está baseada no libro de Edicións Embora que leva por título o mesmo da actividade. Consiste nun contacontos no que se fala de igualdade, respecto, diversidade e emocións, rematando cun obradoiro no que se traballa coas emocións e coas diferencias que nos definen como persoas.
Está pensado para público infantil con idades comprendidas entre os 4 e os 11 anos e as súas prazas están limitadas para garantir o bo funcionamento e atención ó grupo que se constitúa.
Impartirán o obradoiro Dani Vieitez e Iria Iglesias e este será de balde para todas as persoas participantes.
Lembramos que o 1º obradoiro do programa Ler conta moito 2019 no Concello de Laxe, tivo lugar o pasado martes 23 de xullo no mesmo horario e emprazamento que o deste mes, e consistiu nunha actividade de animación á lectura titulada "Un Banquete con moito conto" no que participaron unha vintena de rapaces.
Para participar no obradoiro, simplemente deberase cubrir unha sinxela folla de inscrición que estará ó dispor das persoas interesadas nas Oficinas de Cultura (2º andar da Casa do Concello) ou na Biblioteca Municipal Antón Zapata.