Estimados veciños e veciñas,
É unha honra darvos a benvida á páxina web oficial do noso municipio. Este espazo foi creado co obxectivo de mantervos informados e ao día de toda a actividade municipal. A través desta canle queremos darvos a coñecer os servizos e posibilidades que ofrece o noso concello, facéndovos partícipes, de primeira man, do traballo municipal que estamos a realizar día a día cun único fin: garantir o voso benestar.
A veciñanza é o máis prezado dun concello, a súa razón de ser, ao igual que esta páxina web, que queremos que sexa unha ferramenta útil e accesible para todos e todas, unha verdadeira canle de transparencia onde poidades seguir toda a información relevante relacionada coas nosas actividades, anuncios, etc.
Mais non é unha páxina pensada unicamente para os e as laxenses, senón tamén para todas aquelas persoas que, de entre tantos lugares, deciden visitar a nosa vila. Queremos dar a coñecer as marabillas da nosa localidade, a súa historia, cultura, tradicións e festas. Todo iso que marca a nosa identidade e que forma parte do que somos como pobo.
A través desta canle queremos chegar a eses milleiros de persoas que cada ano chegan ao noso municipio para empaparse da nosa riqueza, coñecendo todas as características que fan única á nosa comunidade e sentíndose parte dela.
Tampouco podemos, nin queremos, esquecer a todos aqueles veciños e veciñas que por diferentes motivos tiveron que marchar para buscar prosperidade noutros lugares. Aínda que sexa de maneira virtual, agardamos que a través deste espazo sintan ben preto a que sempre será a súa terra.
Por último, quero animarvos a todos e todas a coller o timón para navegar polos diferentes espazos dispoñibles na nosa páxina web, na que contarán con toda a información sobre o noso concello.
Un agarimoso saúdo.
O voso alcalde,
Francisco Charlín Oróns.
<< | < | Setembro de 2020 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |