29/05/2024 As escolas deportivas de Laxe clausuran o curso cunha xornada multidisciplinar o vindeiro 7 de xuño

As escolas deportivas de Laxe clausuran o curso 2023-2024 cunha xornada multidisciplinar que terá lugar o vindeiro 7 de xuño, a partir das 18:00 horas, no pavillón polideportivo municipal.  

En primeiro lugar haberá unha breve presentación, á que continuará unha exhibición da escola de Taekwondo. O alumnado será o encargado de mostrar todos os movementos e técnicas adquiridas ao longo destes meses ao público asistente. 

Os pais, nais e o alumnado de baloncesto e bádminton serán os seguintes protagonistas, cun enfrontamento entre os adultos e os máis novos. Esta mesma tipoloxía seguirán os alumnos e alumnas de fútbol sala e predeporte, que serán os seguintes en enfrontarse a seus pais e nais.  

Por último, os grupos de patinaxe subirán aos patíns para deleitar ao público coas súas mellores acrobacias.  

Ao remate farase unha entrega de diplomas ás persoas participantes.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal