O Concello de Laxe continúa apoiando e colaborando co Museo do Mar a través dunha axuda de 7.000 euros destinada ao “Proxecto de actualización e salvagarda da colección permanente do Museo do Mar de Laxe”.
Dese total, o 80% foron sufragados pola consellería de Cultura, Educación e Universidade e o 20% restante pola Administración local. Esta achega económica forma parte dunha convocatoria de axudas deste ano 2022 destinadas aos centros museísticos da Rede Galega de Museos.
O obxectivo deste programa foi dobre: difundir e salvagardar todo o material e patrimonio gráfico do museo, especialmente os negativos do Fondo Fotográfico de José Mª Vidal Eiroa e do Arquivo Fotográfico Vidal (imaxes, estas últimas, declaradas Ben de Interese Cultural de Galicia); e darlle unha maior visibilidade ás fotografías.
Con esta axuda económica desde o Museo do Mar executáronse diversas adquisicións para apoiar os obxectivos antes mencionados como a compra de elementos de almacenaxe (carpetas, caixas) e paneis informativos para mostrar a documentación visual.
Desde o Concello móstranse moi satisfeitos con “todo o traballo realizado polo Museo xa que loita por manter viva a historia de Laxe en particular pero, tamén de xeito xeral, a de toda a Costa da Morte”.
<< | < | Maio de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |