O Concello de Laxe vén de dar comezo ás obras de execución das redes de saneamento nos núcleos rurais de Foxiños, Cernado, Canle, As Melgueiras e Cabanela, na parroquia de Traba.
Esta rede ten por obxecto a condución de augas fecais e mellorar a capa de rodadura nas vías baixo as que discorren as conducións.
O alcalde, Francisco Charlín, e o concelleiro de Obras, Eulogio Constantino, achegáronse esta mañá para supervisar o avance dos traballos, que o rexedor cualifica como "fundamentais para mellorar a calidade de vida da veciñanza".