O CONCELLO DE LAXE CONVOCA O V CERTAME DE ESCAPARATES ENTROIDEIROS
- Unha iniciativa para dinamizar o comercio local e encher de cor e creatividade o Entroido
O Concello de Laxe, a través da Concellería de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura, pon en marcha unha nova edición do
Certame de Escaparates Entroideiros, unha iniciativa que busca incentivar a participación do comercio local na celebración do Entroido, enchendo as rúas de cor, alegría e creatividade.
Calendario do certame:- Inscricións: Do 18 ao 28 de febreiro.
- Período de votacións: Do 1 ao 10 de marzo de 2025.
- Anuncio dos gañadores: O 10 de marzo de 2025.
Participación e votacións Para participar, os establecementos deberán decorar os seus escaparates con motivos entroideiros e inscribirse dentro do prazo establecido. A veciñanza e visitantes poderán votar polos seus escaparates favoritos a través de dúas canles:
Reaccionando con "Gústame" ou "Encántame" nas publicacións oficiais do certame.
Enviando a súa votación por WhatsApp ao teléfono de NovasLaxe:
657 771 006.
Un recoñecemento á orixinalidade e ao espírito do Entroido O establecemento que reciba máis votos será recoñecido co
Premio ao Mellor Escaparate Entroideiro 2025, destacando a súa creatividade e contribución á dinamización do comercio local. Dende o Concello de Laxe animamos a toda a veciñanza e ao sector comercial a sumarse a esta celebración e facer que o Entroido sexa unha festa inesquecible.
Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa Concellería de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura.
Concello de Laxe Concellería de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura