A corporación municipal de Laxe aprobou este martes en pleno extraordinario, e por maioría, unha modificación inicial de crédito de 739.405,81 euros para destinar o remanente de tesourería para gastos xerais do pasado exercicio a obras e servizos.
A proposta, elevada ao pleno polo goberno local, aprobouse cos votos a favor do PP e a abstención do BNG e o PSOE. A sesión tivo lugar no Salón de Plenos do Concello ás 20:00 horas.
Entre as obras que se acometerán con esta modificación destacan dúas: o saneamento, por 449.995,13 euros, de varios núcleos rurais na parroquia de Traba e a mellora das infraestruturas de saneamento no casco urbano de Laxe por 126.458,61 euros.
Desta modificación de crédito tamén se beneficiarán actuacións relativas á mellora de accesos a núcleos de poboación e limpeza de viais, abastecemento de auga, acondicionamento de camiños veciñais ou canalizacións de pluviais.
Desde o Concello móstranse satisfeitos coa aprobación desta modificación xa que “os proxectos que se acometerán son verdadeiramente importantes para mellorar a calidade de vida de toda a veciñanza, sobre todo a que reside no rural”.
<< | < | Xaneiro de 2025 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |