A Escola Municipal de Música de Laxe retomou no mes de outubro o curso escolar con case 60 usuarios e usuarias. En funcionamento desde o ano 2004, desde a Escola pretenden facilitar a aprendizaxe musical aos veciños e veciñas do concello desde os 5 anos, e sen establecer un límite de idade máxima, coa intención de fomentar a creación e a demanda cultural musical entre a veciñanza laxense, contribuíndo así ao enriquecemento da vida cultural de toda o municipio.
Como mostra da labor de apoio á creación cultural creouse ‘Romeiría Aldeán’, un proxecto de normalización lingüística coordinado entre o profesor da Escola Municipal de Música, Víctor M. García Pose, e a Concellaría de Comercio, Hostalaría, Turismo e Cultura xunto co apoio económico da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.
Esta peza audiovisual nace a partir da musicalización, por parte de Víctor M. García Pose, do poema ‘Romeiría Aldeán’* do noso recoñecido poeta Antón Zapata García. Este traballo compleméntase con imaxes actuáis da nosa vila pero tamén históricas grazas ao arquivo fotográfico J.A. Vidal.
Moitas grazas a todas as persoas que se implicaron neste proxecto, en especial a: Víctor M., Anxo Souto, Eduardo Cundíns, Miguel Cabana, Manolo J. Dourado Martínez, Noé Vigo, Breogán e Nuno Tirado, Mario Mira, Mirco Simal, Blanca Charlín, Vera Devesa, Aroa Rey, Carmen Toja e Basilio Bello. Grazas tamén á ‘Escola de A Rúa’ de Carballo.
* O texto de Zapata atópase nas páxinas 73 e 74 da reedición do poemario ‘A Roseira da Soidade’ realizada polo Concello de Laxe e a editorial Edición Xerais de Galicia no ano 2004.
<< | < | Novembro de 2024 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |